Se perdiches a túa autoestima, o teu corpo non che gusta ou queres dar un cambio radical á túa vida este é o teu momento. En Tania Pose Nutrición darémosche as claves para recuperar a confianza en ti mesmo e, por suposto, aumentar a túa calidade de vida.
Somos un centro de nutrición na Coruña formado por profesionais que teñen como obxectivo mellorar o benestar de todas as persoas que confían en nós. Para iso todas as dietas que realizamos son personalizadas e atenden, unicamente, ás necesidades de cada paciente e ás metas que quere acadar.
Deste xeito a nosa nutricionista encárgase de elaborar dietas para perder peso pero tamén plans de nutrición para persoas que presentan enfermidades relacionadas coa alimentación, para mulleres embarazadas, para deportistas, para homes e mulleres que necesitan aumentar o seu peso...
Preparamos un menú semanal para cada paciente e, nas consultas ou visitas coa nosa nutricionista na Coruña, irán vendo a evolución do peso tendo en conta os obxectivos.
En Tania Pose Nutrición buscamos que cada persoa que se poña nas nosas mans cambie os seus hábitos alimentarios e siga, sempre, unha dieta moito máis equilibrada e saudable. ¿Queres comezar a coidarte? Non dubides en solicitar unha cita coa nosa dietista na Coruña.